Estás aquí: Inicio » Conversa con Luís Villares sobre sanidade, folga da xustiza, débeda galega, corredor atlántico, AP-9, municipalismo…
Conversamos co noso voceiro, Luís Villares, que nos da a súa visión da situación actual sobre distintos temas relevantes no noso país:
– SANIDADE: As mobilizacións prodúcense porque a cidadanía está sufrindo na súa propia carne o colapso e as privatizacións na sanidade.
– FOLGA DA XUSTIZA: Hoxe en día aos que gobernan non lle interesa que funcione ben a Xustiza.
– AP-9: Os que tiñan que pedir por nós non o están a facer, vese claramente no tema das autopistas. En Galicia mentres se rescatan as radiais madrileñas. Todo polos intereses dunha persoa en Madrid.
– CORREDOR ATLÁNTICO FERROVIARIO: Poderíamos ter hoxe un ferrocarril moderno e sen embargo quedamos no furgón de cola porque temos un presidente que non exerce como tal.
– O CUSTE DA CARREIRA POLITICA DE FEIJÓO EN MADRID: Da a sensación de que para que Feijóo faga carreira en Madrid, toda Galicia tense que sacrificar por el, e iso costounos moito a todos os galegos.
– DÉBEDA GALEGA: O plan da débeda de Feijóo é que os galegos e galegas sigamos a ter débeda. Temos dereito a unha quita, equitativa e xusta.
– EN CONTRO EN MAREA: O encontro do 18 de febreiro servirá para que a xente poda opinar e decidir como quere que En Marea se comporte con relación ao espazo municipalista en 2019.
🎥 Non deixedes de ver a entrevista completa ao noso voceiro no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=Nq5GFXGxPLs&t=101ss