Listas para o cambio

Traballo como agricultor. Na pasada lexislatura exercín de deputado e viceportavoz de AGE no Parlamento galego. Porque a Galiza do común é posíbel.


Cidadá, politóloga, comprometida co cambio para recuperar o que era noso: a liberdade, a dignidade e o sorriso.


Economista especializado en traballo, economía pública e política industrial. Traballo no gabinete confederal de CC.OO. e na UDC.


Profesora de socioloxia na Universidade de Vigo, especializada en desigualdade social, xénero e demografía dos recursos humanos e das organizacións. Comprometida cos movementos pola paz e a solidaridade internacional.


Enxeñeiro industrial e produtor audiovisual. Achegando a miña experiencia e traballando para conseguir un cambio de modelo produtivo no noso país, cara ao ben común.


Médica, nai de dous fillos, feminista. Membro do comité de ética da área sanitaria de Santiago. Defendo a sanidade pública, a xustiza social e a rebeldía competente.


Traballador social e carteiro rural libertario, defensor dos servizos públicos, insumiso, emigrante retornado, ecoloxista e músico en galego


Pedagoga. Profesora na UDC. Activista comprometida na defensa da educación pública desde os movementos de renovación pedagóxica.




Habitante do rural, traballo no turismo. Presido a asociación cultural Colado do Vento, toco o clarinete na banda de Sober e son concelleira de Agroma Sober. Cómpre rescatar o común da rapina.


Gustame a montaña, o Courel e Ancares, camiñar. Falar ca súa xente. Do mar, a ría do Vicedo. Vivo en Friol, onde temos cinco pitas, un galo, unha burra, dous cans -un deles de palleiro-, e un invernadoiro con horta


Enfermeira. Emigrei para poder estudar. Levo anos pelexando pola sanidade e os servizos públicos. O meu soño é a xustiza social.


Traballo no sector público. Formo parte dun mar de xente diversa e unida porque queremos que as cousas cambien para os de abaixo.


Activista. Participei no 15M, nas Marchas da Dignidade ou na Marea de Pontevedra. O 15M xuntámonos nas prazas para lle dicir aos de arriba que abonda. Agora queremos un goberno da xente.


Traballei defendendo, dentro e fóra do Parlamento, a sanidade pública, os dereitos das mulleres e os da mocidade obrigada a emigrar. Aínda queda moito por facer e moitas loitas por gañar.


Enxeñeiro de Vigo, Secretario de Organización de Podemos Galicia. Loitando por lograr a Galicia que todos queremos e merecemos.


Traballadora da sanidade. Anticapitalista e feminista. Comprometida coa transformación da realidade a prol da xente do común.


Xestor turístico. Historiador e Doutor en Ciencias Políticas pola USC. Coordinador de Marea Pontevedra e Director do Foro OBenComún.


Son arquitecta e profesora de debuxo no ensino secundario e nai de dous fillos. Creo nunha educación que loite contra a desigualdade.


Traballo no sector público. Son concelleiro de Urbanismo e Facenda por Alternativa Canguesa de Esquerdas no goberno municipal. Para levar a voz das traballadoras galegas ás institucións.


Pedagoga, dramaturga e directora teatral. Por compartir principios co común. Por amor á lingua e á cultura. Pola dignidade.


Alcalde de Manzaneda dende o 2009. Músico, cooperativista, bombeiro forestal e labrego. Cos pés na terra. Na defensa dun rural con futuro.


Enfermeira, loitadora, cidadá implicada na defensa a ultranza dun sistema público e na procura dun CAPD na nosa provincia.


Comprometido coa defensa dos servizos públicos e da xustiza social, teño claro que con En Marea, outro Ourense e outra Galicia son posibles.
